O Delegado Provincial de Medioambiente, Manuel Tajes,o Presidente de SOGAMA,José Álvarez Díaz,o Director do Colexio de Vilarmide, Eduardo Noia, o Alcalde de Muxía, Felix Porto, e Pepe Carreiro como autor da Obra; presentaron esta novedosa iniciativa para o fomento da CULTURA DO RECICLAXE
que percorrerá tódolos centros educativos galegos.
Día 12 de decembro de 2008, o concello
de Muxía inagura, da comenzo ao seu "obradoiro de emprego", iniciativa que dará traballo e formación a 22 mulleres e 3 homes, repartidos en dous módulos: Carpintería e Cantería
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía presentou o acto de sensibilización contra a violencia de xénero, apostando por unha educación na igualdade ao longo de todo o ano.
A Concellería de Servizos Sociais de Muxía, dirixida pola nacionalista Ánxeles Sánchez Mancebo, ten previsto desenvolver unha actividade de animación á lectura dentro do seu Programa de prevención de drogas e promoción da vida saúdable. A actividades consistirá nuha sesión de contacontos, “A bruxiña sen vasoira “, a cargo da empresa Altega. “ A bruxiña sen vasoira” estará o día 28 de novembro ás 10 da mañá no CEIP Virxe da Barca, ás 11.45 no CEIP os Muiños e ás 3 da tarde no CEIP Vilarmide.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía organiza un acto de sensibilización contra a violencia de xénero, apostando por unha educación na igualdade ao longo de todo o ano.
A Concellería de Servizos Sociais de Muxía, dirixida pola nacionalista Ánxeles Sánchez Mancebo, ten previsto desenvolver no mes de novembro uns obradoiros de igualdade e corresponsabilidade para adolescentes . Esta actividade leva por nome “ A Casa da Igualdade” e sería a continuación dos mesmos obradoiros que se fixeron no mes de marzo para alumnos/as de Primaria e que agora se orientarán a alumnos/as da ESO. Esta actividade tivo moito éxito, daí que agora se amplíe aos adolescentes.