BOLSA DE EMPREGO PARA PEONS DE SERVIZOS MULTIPLES

BOLSA  DE  EMPREGO  PARA  PEONS  DE  SERVIZOS  MULTIPLES:

Publicación Bases e convocatoria bolsa traballo peóns (bop venres 11 de setembro de 2020 nº 150)

Modelo de instancia

modelo-de-instancia

Concello de Muxía

 

NOTA EXPLICATIVA DO PROCESO PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

  • En breve sairá a lista coas persoas que teñen as axudas de material escolar.(as persoas que entregaron toda a documentación, non teñan débedas coas administracións e cumpran os requisitos estarán con toda probabilidade no listado) Tamén se indicará a data límite para entregar as facturas do material escolar adquirido
  • As persoas excluídas por algún motivo, terán dez días para subsanar os erros ou falta de documentación nas súas solicitudes.
  • As compras de material escolar poden facerse xa se se quere . O material escolar que se inclúe nas axudas é o seguinte:

· Material funxible (bolígrafos, rotuladores, cadernos, carpetas, lapis, gomas de borrar, afialapis, etc.)

· Material de debuxo e material musical

· Mochilas , estoxos e mandilóns escolares

  • As facturas do material escolar deben estar a nome da persoa que solicitou a axuda( nai, pai , titor…), hai que pedilo así nos establecementos nos que fagamos a compra.
  • Ao subir as facturas á plataforma deberá indicarse o nome do rapaz ou rapaza para quen é o material escolar:As facturas subiranse na sede electrónica do Concello de Muxía, no apartado ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN, logo de cubrir o formulario que aí aparece. Non é necesario indicar o número de expediente, pero si en OBSERVACIÓNS poñer o nome do neno ou nena . Anexionar as facturas e enviar.
  • Se tes máis de un fillo e tes feitas máis de unha solicitude deberás subir independentemente as facturas para cada fillo/a. É dicir, unhas facturas irán para un fillo/a e serán enviadas indicando o seu nome e outras facturas serán para outro fillo/a e deberás subilas a parte e indicando o nome deste outro fillo/a.
  • Se cando se abra o prazo para entregar facturas, tedes problema para subir as facturas á sede electrónica do Concello, podedes chamar ao Concello para que se vos explique o proceso.TF: 981 74 20 01
  • Unha vez sexan entregadas as facturas o Concello fará as comprobacións pertinentes e procederá a ingresar os cartos na conta para a que se entregou certificado bancario.

 

* NON ENTRAN as mascarillas, que son material sanitario. O suministro de material sanitario corresponde á Xunta de Galicia.

RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E RESULTADOS DEFINITIVOS DO 1º EXERCICIO DA BOLSA DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS

ENSINANZA DE PERSOAS ADULTAS (EPA), CURSO 2020 – 2021

Aberto o prazo de matrícula no IES Fernando Blanco para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2020 – 2021, dende o 1 ao 11 de setembro.
Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Na  EPA establécense  dúas etapas:
a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS
  •  Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
b) EDUCACIÓN SECUNDARIA
Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
  •  Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
  • Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.
Máis información no IES Fernando Blanco e no número de teléfono 881 880 467