Escola Municipal de Teatro

Muxía conta desde o 2007 cunha Escola Municipal de Teatro Infantil e outra de adultos dirixidas por Artur Trillo, o actor que é coñecido por películas como Lobos Sucios (2015) e Valderrei (2007) e series como Matalobos da TVG. É fundador da agrupación Talía Teatro co que gañou como actor e director tres premios María Casares, os máximos galardóns do teatro galego.

Todos os anos, os máis pequenos, aprenden a actuar e teñen a oportunidade de amosar os seus progresos coa representación dunha peza teatral. A última que interpretaron foi Espadas, espadas, espadas.

Os maiores fan máis actuacións e o seu campo de acción é máis amplo. En xuño de 2016 estrearon unha versión do clásico Lisístrata, do autor grego Aristófanes. A primeira que presentaron foi Herdanza do tío Pedro.

Olalla Benlloch Lema

Concelleira responsable

Inscrición

OLALLA BENLLOCH LEMA