CAMPAÑA DE ESQUÍ

CAMPAÑA DE ESQUÍ 2020

A través da presente, infórmaselle que a Deputación de A Coruña, dentro da súa programación deportiva para o 2020, poñe en marcha un ano máis, unha Campaña de Esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, destinada a escolares con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos, ambos incluídos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.

O Concello de Muxía foi incluido nesta actividade coa adxudicación de 4 prazas.

Para axilizar os trámites, comezamos xa co período de preinscrición. Os interesados en formalizala, deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello a través do número de teléfono 981-742001 de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas e entregar a ficha de inscrición que se achega, con todos os datos cubertos, antes do vindeiro mércores 4 de decembro, ás 12:00 h.

A quenda outorgada ao Concello de Muxía é a 1ª QUENDA, dende o 24/01/2020 ao 27/01/20.

Correspóndelle a cada Concello a selección dos/as participantes mediante sorteo público ante a Secretaria do mesmo, e terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación, sempre e cando o número de solicitudes supere as prazas ofertadas pola Deputación para o noso Concello. Dita selección farase o día 5 de decembro ás 13:00 horas, e os resultados serán publicados na páxina web www.concellomuxia.com.

Cada participante aboará unha cota de participación á Deputación de 85€. Dita cota será aboada unha vez feito o sorteo.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello, chamando ao 981-742001 ou na web www.dicoruna.es /deportes.

Sen máis reciba un cordial saúdo.

O Alcalde

Santiago Manuel Toba Campaña

TRÍPTICO INFORMATIVO