ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES

A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia

de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de

convivencia.

As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, (irán as nais cos fill@s entre 2 e 12 anos) e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de1,5 veces o IPREM vixente.

PRAZO SOLICITUDE: ata o día 2 de maio

Máis información nas oficinas do CIM ou no teléfono 981 742001

En Muxía a 2 de abril de 2019

O ALCALDE