GALERÍA DE MULLERES

Berta Cáceres

(La Esperanza, Honduras, 1971-2016) líder indíxena lenca,feminista e activista do medio ambiente hondureña.

Líder indíxena de Honduras, cofundadora e coordinadora xeral do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras (COPINH) para loitar en defensa do medio ambiente, o rescate da cultura lenca e para elevar as condicións de vida da poboación . Foi recoñecida co Premio Ambiental Goldman, o máximo recoñecemento mundial para activistas de medio ambiente. Na súa infancia e adolescencia Berta viviu e uniuse ás loitas do seu pobo

Desde o golpe de estado de 2009, iniciáronse en Honduras unha gran cantidade de megaproxectos moi destrutivos para o medio ambiente, que conlevan o desprazamento de comunidades indíxenas e a privatización de ríos e territorios, destinándose case o 30 % do territorio nacional a concesións mineiras. Berta denuciou o acoso e a persecución ás tribos indíxenas e o roubo das súas terras ancestrais por parte do goberno de Honduras, á vez que se lles criminalizaba e presentábaselles nos medios de comunicación como violentos e perigosos

Iso custoulle a vida. Foi asasinada en 2016 pola súa loita contra a construción do proxecto hidroeléctrico de Auga Zarca, situado nunha zona crucial para a supervivencia das comunidades indíxenas. A madrugada do 2 de marzo de 2016 un grupo de sicarios asasinárona. Os autores intelectuais aínda se descoñecen, nun proceso de investigación repleto de irregularidades que foi obstaculizado polo propio Goberno de Honduras.

Unha das súas fillas, Berta Zúñiga Cáceres, asumiu o liderado do COPINH. Berta Cáceres é un símbolo das decenas de persoas, activistas, que morreron por defender a súa terra e os recursos naturais, enfrontándose a poderosas empresas multinacionais, grupos de poder e intereses partidistas.

Cartel