PROXECTO EIXO-ESTRATEXIA DE INSERCIÓN XOVE.

O Concello de Muxía informa á xuventude que no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da deputación da Coruña, estase a programar a impartición da seguinte acción formativa:

IFCD0210 DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto). Nivel 3

A formación teórico- práctica realizarase, nas instalacións que a empresa adxudicataria ten acreditadas en Arteixo (Asociación Agarimo), e, a data de inicio está prevista para a última quincena de novembro.

O prazo de inscrición péchase o próximo MERCORES 21 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.

Para máis información: Concello de Muxía. Rúa Real 35 ou ben chamando ao 981742001-981080507