CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2018

Rematado o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos da Deputación 2018 e tendo en conta que o número de nenos/as presentados foi de 3, igual ao número de prazas das que dispoñía este concello, non foi necesario facer sorteo.

Publícanse os admitidos no Campamento.

DNI: 78 812 165C // 49 914 843J // 49 473 448B

Muxía, 15 de xuño de 2018.

—————————————————————————————————————————————————

A través da presente, infórmaselles que a Deputación de A Coruña, dentro da súa programación deportiva para o 2018, poñe en marcha, un ano máis, os campamentos deportivos destinados a nenos e nenas da provincia, de entre 9 e 14 anos, cumpridos no presente ano 2018.

O Concello de Muxía foi incluido nesta actividade coa adxudicación de 3 prazas.

Para axilizar os trámites, comezamos xa co período  de preinscrición. Os interesados en formalizala, deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello a través do número de teléfono 981 742 001 de luns a xoves, entre as 9:30 e as 13:00 h.  antes do vindeiro día 15 de xuño ás 12:00 h.

A quenda outorgada ao Concello de Muxía é a 4ª QUENDA, dende o 22/07/2018 ao 27/07/2018.

Correspóndelle a cada Concello a selección dos/as participantes mediante sorteo público ante a secretaría do mesmo, sempre e cando o número de solicitudes supere as prazas ofertadas pola Deputación para o noso Concello.  Dita selección farase o día 15 de xuño, ás 13:00 h., e os resultados serán publicados na páxina web www.concellomuxia.com.

É imprescindible que o neno ou nena estea empadroado no Concello de Muxía

Cada participante aboará á Deputación unha cota de participación  de 85 €. Dita cota será aboada unha vez feito o sorteo.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello, chamando ao 981742001 ou na web :

https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos

CARTEL INFORMATIVO CAMPAMENTOS`18

Sen máis reciba un cordial saúdo.

O Alcalde

Félix Porto Serantes