3ª TRAVESIA A NADO CAMARIÑAS-MUXIA

Os Concellos de Camariñas e Muxía informan da apertura do prazo de inscrición para participar na 3ª Travesía a nado Camariñas-Muxía.

 O evento, organizado polos concello de Camariñas e Muxía, celebrarase o vindeiro sábado 7 de xullo e a inscrición, que terá un custo de 10 €, poderase formalizar a través da plataforma www.championchipnorte.com ata o mércores  4 de xullo as 23:59 h.

Poderán participar todas as persoas nadas no ano 2000 e anteriores, que terán que percorrer  os 2500 metros en liña recta que separan o Náutico de Camariñas da Praia do Lago de Muxía.

Como todos os anos, esta competición terá un carácter benéfico, e todo o recadado irá para as arcas da Asociación Integral de Rescate de Emerxencias (A.I.R.E.) en favor das refuxiadas e refuxiados.

Como actividade paralela, completando a desenvolvida o ano pasado nos CEIPS de Camariñas, este martes 5 de xuño, terá lugar no IES Ramón Caamaño de Muxía, unha charla educativa dirixida aos alumnos de secundaria. Será impartida por Don Diego Velázquez, bombeiro e tesoureiro de A.I.R.E. e Dona Teresa Mendi, coordinadora da mesma ONG, co obxectivo xeral de sensibilizar e promover espazos de reflexión sobre os procesos relativos ás migracións forzosas e ás condicións de vida e situacións sociais das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo.

Na 3ª Travesía a nado Camariñas – Muxía colaboran: ONG A.I.R.E., Conservas Boya, Club Náutico Camariñas, Cocacola e CDM Piragüismo Dumbrí

CARTEL