GALERÍA DE MULLERES

Marielle Franco

(Río de Janeiro,1979 – 14 de marzo de 2018).Socióloga, feministapolítica brasileña e militante dos dereitos humanos, traballando a prol do empoderamento das mulleres negras do Brasil

Nacida na favela de Maré, a de maior violencia de Río de Janeiro, licenciouse en Ciencias Sociais, militou no PSOL e foi asistente parlamentaria de Marcelo Freixo (2006), pasando logo a primeira liña política presentándose para concelleira cun resultado que superou tódalas expectativas: máis de 46.000 votos e o quinto posto.

Marielle era relatora dunha comisión municipal para informar sobre abusos cometidos polos militares durante a intervención ordenada polo presidente Michel Temer. Pronunciouse explícitamente contra a presencia do exército e participou nun vídeo no  que participaron varios artistas denunciando a violencia militar. Traballadora incansábel pola xustiza,  paz e a liberdade e os dereitos das persoas desfavorecidas.

O pasado 14 de marzo, aos 38 anos de idade, foi asasinada de catro tiros na cabeza, no que xa se considera unha execusión e un asesinato político.

Brasil chora a esta muller, feminista, activista e todo un símbolo da loita das mulleres negras contra o racismo, o machismo e a violencia policial.

Sucedéronse manifestacións masivas por todo o país (con máis de 50.000 participantes en Río e 30.000 en São Paulo),  e máis alá das súas fronteiras, en rexeitamento do asesinato; varias organizacións internacionais esixiron unha investigación urxente e transparente (coma a Oficina da ONU para os Dereitos Humanos ou Amnistía Internacional)

cartel-Marielle Franco