MAXIA POLA IGUALDADE

IGUALDADE “

Dentro da Programación do Outono Cultural do Concello de Muxía, chega este espectáculo de Fani Triana, a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A actuación será ás 18.30 h., no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, e a entrada é libre. Para tódolos públicos.

Sinopse:

A nosa protagonista, Fani Triana, chega a casa despois dunha xornada longa de actividades. Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar. A ilusionista creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais

Mais Información Web de FANITRIANAILUSIONISTA