TEATRO DO GRUPO CHÉVERE EN MUXÍA

TEATRO DO GRUPO CHÉVERE EN MUXÍA

TEATRO: ” AS FILLAS BRAVAS”

do grupo CHÉVERE.

Sábado 28 de outubro , ás 20.00 h

no Salón de Actos do Voluntariado.

Entradas (1 €) a partir das 19.30 h

Teatro con perspectiva de xénero

O espectáculo “As fillas bravas” estará en escea o vindeiro sábado 28 de outubro, ás 20.00 horas. No Salón do Voluntariado de Muxía.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados. As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

0 comentarios

Deixar un comentario

Queres unirte á conversación?
Síntete libre de contribuír

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *