BASES SELECCIÓN PERSOAL DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL 2017, SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA.

OBXECTO:

Contratación dun máximo de 15 persoas (un posto reserva minusvalía) durante dous meses a tempo parcial, como operarios/as de servizos múltiples.

REQUISITOS:

  • Desempregados/as inscritos no SPE.
  • Maiores de 45 anos ou persoas vítimas de violencia de xénero.
  • Posuír estudos primarios rematados.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo nas AAPP e non estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
  • Ser español/a ou membro da U.E. ou estado ao que se lle aplique a libre circulación de traballadores/as ou cónxuxe ou descendentes destes (con Tratado ao respecto, no seu caso).
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co traballo a desenvolver.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

Nas oficinas municipais ou a través da Sede Electrónica da páx. Web, antes das 13.00 horas no primeiro caso, do día 25 de abril de 2017 ou das 24 horas dese mesmo día, no caso da Sede Electrónica.

Publicación lista provisional de persoas admitidas e excluídas: Día 26 de abril ás 10.00 horas.

Poderán presentarse reclamacións ao respecto atas as 14.00 horas dese mesmo día.

Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas: Día 27 de abril ás 10.00 h.

Descarga o programa de Bases e Selección