Para celebrar o Día do Libro, a Biblioteca Municipal de Muxía organiza un obradoiro de ilustración co prestixioso ilustrador Xosé Tomás.

O obradoiro celebrarase a véspera do día do libro- o sábado 22 de abril, ás 17.30 horas– e vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos.
Para participar hai que inscribirse previamente na biblioteca (tf. 981742563)
Este obradoiro enmarcase dentro das actividades que o Concello de Muxía programa a traverso do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.

Descarga o Cartel do Obradoiro