Fase final da Liga de fútbol sala de base Costa da Morte

O pasado sábado 4 de marzo, tivo lugar no Polideportivo Municipal de Dumbría, a fase final da Liga de fútbol sala de base Costa da Morte, organizada polo Clube Deportivo Costa da Morte en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, na que os equipos de Concello de Fisterra, EDM Concello de Muxía e As Baleas de Camariñas, proclamáronse campións nas categorías de benxamín, alevín e infantil respectivamente.

Todos os encontros disputados foron dun gran atractivo para os espectadores que ateigaron o aforo do pavillón, xa que o espectáculo deportivo que os rapaces e rapazas ofreceron foi de admirar. Víronse partidos dun elevadísimo nivel, polo que a Costa da Morte ten garantida una estupenda canteira.

Parabéns para os rapaces e rapazas da Escola Municipal de Fútbol sala Concello de Muxía polo título acadado, pero sobre todo, por conseguilo amosando os valores que toda escola deportiva de base debe levar como obxetivo principal.

Os resultado da competición foron os seguintes:

15 .00 Semifinal Benxamín As Baleas – EF. Corcubión: 4-2

15 .50 Semifinal Benxamín C. Fisterra – EMF. Vimianzo: 4-0

16 .40 Semifinal Alevín As Baleas – Manuela Rial: 2-3

17 .20  Semifinal Alevín C. Muxía – EF. Corcubión: 3-3 Pasa EDM Muxía a penaltis.

18 .10 Final Infantil As Baleas – Manuela Rial: 3-1

19 .00 Final Benxamín: As Baleas – Concello de Fisterra: 2-6

19 .50 Final Alevín Manuela Rial Mouzo – EDM Concello de Muxía: 1-2

Os equipos que representarán a Costa da Morte na fase intercomarcal de deporte escolar, que terá lugar en Negreira e A Baña o vindeiro 29 de abril son:

Benxamín: Concello de Fisterra

Alevín: EDM Concello de Muxía

Infantil: As Baleas.