Aberta a inscrición no circuíto Correndo pola Costa da Morte

Muxía, 13 de febreiro. Correndo pola Costa da Morte é un programa anual de carreiras populares que se desenvolven nos diferentes municipios da zona, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. As persoas que se queiran apuntar, xa o poden facer. Ademáis, tamén poden inscribirse carreira a carreira, polo que poden inscribirse no primeiro evento que terá lugar en Camariñas.

Muxía organiza a súa carreira pedestre, que celebra a súa cuarta edición no 2017, o 9 de xullo. Pero hai máis eventos. O circuíto está promovido e organizado tamén por outros concellos, como son os de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Vimianzo e Zas.

¿Quen pode participar?

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 2 anos).

¿Cando son as carreiras?

Camariñas 12-03-2017

Vimianzo 26-03-2017

Mazaricos 14-05-2017

Dumbría 27-05-2017

Zas 03-06-2017

Cee 24-06-2017

Muxía 09-07-2017

Carnota 20-08-2017

Corcubión 16-09-2017

Fisterra 15-10-2017

Onde é a inscrición

A inscrición pódese facer ata o mércores anterior á celebración de cada proba ata as 23h59 en www.championchipnorte.com. Os menores de idade poden apuntarse tamén presentando un formulario de inscrición no departamento de Deportes do concello organizador.

Para máis información