Públicase a convocatoria para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática a través dun curso de teleformación

Muxia, 11 de febreiro. A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición
Número de prazas: 180
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas)
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT
Datas de realización: do 15 de febreiro ao 26 de maio de 2017

Inscrición:
 na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal  Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico

Taxa: As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa.