Xogos predeportivos, unha nova escola deportiva para nenos e nenas de 6 a 7 anos que empeza o 14 de febreiro

Venres, 10 de febreiro. O Concello de Muxía desenvolve xogos predeportivos, unha nova escola deportiva para nenos e nenas de 6 e 7 anos que empeza o próximo 14 de febreiro, todos os martes e venres de 17h15 a 18h00 no pavillón polideportivo. As persoas interesadas poden formalizar a matrícula a través da web ou poñéndose en contacto co departamento de Deportes.


Con esta actividade, a área de Deportes do Concello pretende darlle continuidade á formación física e deportiva dos máis pequenos, conectando o proceso de evolución da práctica psicomotriz que traballan na escola municipal de educación física de base coa especialización deportiva das distintas escolas municipais ofertadas (fútbol e fútbol sala, balonmán, xudo, patinaxe ou atletismo).

A actividade física é un elemento fundamental na formación integral das persoas, tendo especial relevancia nas primeiras idades. O servizo municipal de Deportes pretende dar cobertura ás necesidades formativas dun xeito coherente.