Aberto o prazo para apuntar aos escolares entre 10 e 15 anos na campaña de esquí da Deputación

Muxía, 17 de xaneiro. Os escolares entre 10 e 15 anos de Muxía poden esquiar na estación invernal de Leitariegos. A Deputación Provincial de A Coruña puxo en marcha a súa Campaña de Esquí que permite aos rapaces de toda a provincia disfrutar dunha semana na neve.

No caso de Muxía, os interesados deben apuntarse no departamento de Deportes do Concello antes do venres, 23 de xaneiro. Pódeno facer chamando ao 981 74 20 01, de luns a venres, entre 8h30 e 13h00.

O Concello de Muxía foi incluído na actividade coa adxudicación de catro prazas. Todos os interesados apuntaranse  e correspóndelle ao Concello a selección dos participantes mediante sorteo público ante a Secretaría Municipal. Terán preferencia os rapaces que non foran a ningunha campaña de neve anterior, sempre e cando o número de solicitudes supere as prazas ofertadas polo ente provincial.

A selección farase o 22 de xaneiro ás 13h00 no Concello, e os resultados serán publicados na web de Muxía. A quenda na que foi incluído Muxía vai dende o 12 ata o 17 de marzo. Cada participante deberá aboar á Deputación unha cota de participación de 95 €, que deberá entregarse unha vez feito o sorteo.

Para máis información, os interesados poden contactar co departamento de Deportes do Concello chamando ao 981 74 20 01, na web da Deputación, ou no triptico_esqui_2017.