A biblioteca de Muxía organiza un obradoiro de kamishibai, unha forma de teatro en papel do Xapón

Muxía, 23 de decembro. A biblioteca de Muxía organizou un obradoiro de Kamishibai impartido por Viki Rivadulla. O kamishibai é un teatro de papel de orixe xaponés que é unha moi boa ferramenta didáctica para traballar coa estrutura dos textos, a comprensión e interpretación dos mesmos e a representación gráfica. Os nenos e nenas participaron nas diferentes sesións e, unha vez que elaboraron cada un o seu conto en imaxes, fixeron unha posta en escea para as familias, narrando os contos apoiados nos propios debuxos.

Desde a biblioteca califican de moi positivas as sesións de traballo en grupo, nas que os nenos e nenas, xunto coas familias, disfrutaron moito. Todos esperan repetir pronto. Agora ven un tempo de vacacións para preparar máis contos e poder ir logo a biblioteca a poñelos en común con esta técnica do kamishibai. O teatriño quedará na biblioteca a disposición dos nenos/as para que poidan montar as súas propias sesións de contacontos.

Qué é o kamishibai?

Kamishibai significa en xaponés “teatro de papel” . Esta forma de contacontos xurdiu en Xapón. O actor contacontos levaba unha bicicleta ou carro onde portaba o teatriño de madeira butai para colocar as láminas con debuxos sinxelos por un lado e texto por outro.

Esta forma de contar é recuperada agora como recurso didáctico e lúdico. Ten unha maxia que non deixa indiferente a ninguén e desde a biblioteca queren utilizalo cos máis novos.