Publícanse as bases para a contratación do equipo xestor do GDR Costa da Morte

Muxía, 2 de decembro. En virtude do acordo da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte, do día 8 de setembro de 2016, decidiuse abrir o proceso de selección de persoal para o equipo xestor, de cara ao Programa Leader 2014/2020, nomeando a Comisión de Selección encargada do proceso e a publicación das bases que rexerá dita convocatoria. O equipo xestor estará formado por tres persoas: unha para a xerencia, unha para a área técnica e unha para a área administrativa.

As bases do proceso de selección están a disposición de todas as persoas interesadas para a súa consulta no Concello de Zas (Praza do Campo, s/n, Zas, A Coruña), podéndose tamén descargar na páxina web do GDR.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio, segundo o procedemento establecido nas bases de contratación.

Para máis Información:
Asistencia técnica para o proceso.
Jesús De la Fuente Blanco
Móbil: (34) 699-822004
Tfno.: (34) 981-589269
jesus.delafuente@cidadania.coop
Cidadania, Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega
Rúa Corredoira das Fraguas 5-1º esq.
15.703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Descarga as Bases para a selección de persoal do GDR Costa da Morte