Muxía celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha concentración

Muxía, 25 de Novembro. O Centro de Información da Muller (CIM) e o Concello de Muxía convocaron unha concentración para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro. Ese mesmo día, a veciñanza achegouse ata o edificio consistorial para amosar o seu rexeitamento contra a situación de moitas mulleres que sufren esta situación e visibilizar a solidariedade coas vítimas da violencia machista.

Todos gardaron un minuto de silencio e deuse lectura a unha declaración institucional por parte da concelleira da Muller, Mónica Vilela Vilela.

Descarga o programa de Actividades Violencia de Xénero